ESTATUTOS DA “ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA
GALEGA (A.P.G.)”
CAPÍTULO I: DENOMINACIÓN, FINS, DOMICILIO E ÁMBITO
Artigo 1
•
A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA constitúese
como Asociación de carácter Científico e Cultural, sen ánimo de lucro, que
atoparase rexida por estes Estatutos e polas disposicions legais vixentes.
•
A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA presenta,
dacordo coa legalidade vixente, personalidade xurídica propia con plena
capacidade xurídica e de obrar.
Artigo 2
Os fins da
ASOCIACIÓN PALENTOLÓXICA GALEGA son:
•
A promoción e difusión da actividade
paleontolóxica en Galicia nos seus aspectos científico, tecnolóxico e aplicado,
así como o fomento das relacións entre os membros a través de sesións
científicas, reunións de campo e manifestacións de carácter análogo.
•
A promoción cultural da Paleontoloxía e o ensino
da mesma, servindo como centro de información e difusión entre os interesados.
Artigo 3
Para
lograr estes fins a ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA proponse:
•
Organizar reunións de carácter rexional e excepcionalmente
nacional e internacional, destinadas á exposición e discusión dos avances e
resultados da investigación científica básica e práctica paleontolóxica e á
protección, coñecemento e exposición do patrimonio paleontolóxico, xunto ás
iniciativas propostas polos socios que poidan interesar á ciencia e á
Asociación.
•
Publicar un blog divulgativo sobre paleontoloxía.
•
Difundir un Boletín Interno que funcione como
órgano de comunicación entre os socios, no cal daranse a coñecer ás actividades
da Asociación y de outras afins, así como información que sexa de interés para
os socios.
•
Actuar como interlocutor válido fronte a
Administración nos temas relativos ó patrimonio científico e social dos fósiles
e protección dos espazos de interese paleontolóxico en todo o territorio
Galego, a través dos Concellos e Centros
de Investigación.
•
Constituirse en interlocutor autorizado fronte
outras Asociaciones científicas nacionais e internacionais, especialmente da
Asociación Española de Paleontoloxía e a Asociación Paleontolóxica
Internacional (I.P.A.).
•
Crear un centro ou arquivo de información e
publicacións científicas a disposición de tódolos membros da Asociación, no cal
sería desexable que figurasen, polo menos, ás publicacións de tódolos socios
como patrimonio inicial.
•
Asesorar, en materia educativa e outros campos
relacionados coa Paleontoloxía, ás
entidades que o soliciten.
Artigo 4
O
domicilio da Asociación é: Campus universitario Lagoas Marcosende (facultade de
Bioloxía), 36310 Vigo (Pontevedra), coa
posibilidade de traslado por acordo da Asamblea, sen que iso provoque a
modificación estatutaria.
Artigo 5
Como Asociación domiciliada
na Universidade de Vigo, o seu ámbito de acción tamén estará especialmente
dirixido ós membros da Comunidade Universitaria viguesa, e realizaranse con
eles diferentes actividades: exposicións, talleres, seminarios e outras coa súa
colaboración, podendo realizarse nas súas instalacións.
Artigo 6
O ámbito
territorial da ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA será o da Comunidade Autónoma
de Galicia, podendo relacionarse con outras Asociacións galegas, españolas e estranxeiras.
CAPÍTULO II: OS SOCIOS
Artigo 7
Os Socios
da Asociación, con número ilimitado, españoles e estranxeiros, poderán ser das
seguintes clases:
•
Socios Fundadores: serán Socios Fundadores
aquelas personas físicas que formen parte da Asociación con anterioridade ó día
3 de marzo do 2013.
•
Socios Ordinarios: serán Socios Ordinarios
aquelas personas físicas que solicitaron e obtiveron o ingreso na Asociación
dacordo co artigo 7.
•
Socios Corporativos: serán Socios Corporativos
aquelas entidades (Empresas, Museos, Laboratorios e Institutos de
Investigación, Departamentos Universitarios e outros semellantes) que soliciten
o ingreso na Asociación dacordo có artigo 7, fosen admitidos e abonen a cuota
que para os Socios Corporativos estableza a Asamblea Xeral.
•
Socios de Honor: serán Socios de Honor aquelas
personas físicas que, polo seu relevante prestixio científico no campo da
Paleontoloxía, faganse acreedores de tal distinción. Deberán ser propostos polo
menos por un 15% dos membros da Asociación e a súa admisión deberá ser
confirmada pola maioría das 2/3 partes da Asamblea Xeral.
Artigo 8
•
Poderán solicitar a admisión na Asociación todas
aquelas personas físicas e entidades interesadas pola Paleontoloxía
(investigación, museos, ensino e outros).
•
A admisión na Asociación de calquera persona
física ou xurídica, individual ou colectiva, excepto Socios de Honor, deberá
efectuarse a proposta de dous Socios Fundadores ou Ordinarios. A Xunta
Directiva admitirá ou, no seu caso denegará a solicitude de admisión,
explicando por escritos as razóns neste último caso.
•
Para que a admisión e rexeita de novos Socios
sexa efectiva, será ratificada pola Asamblea Xeral.
Artigo 9
Os Socios
causarán baixa na Asociación:
•
Por desexo do interesado por comunicación escrita
ó Presidente ou Secretario da Asociación.
•
Por falecemento ou disolución das entidades
xurídicas.
•
Por decisión da Xunta directiva, que será
ratificada pola Asamblea Xeral, previo informe.
•
Por non facer efectivo o importe da cuota anual.
Artigo 10
Son
dereitos dos Socios:
•
Participar nos actos que a Asociación organice.
•
Recibi-lo Boletín Interno e outras comunicacións
da Asociación.
•
Utiliza-los medios de expresión da Asociación
para a difusión das actividades cós fins da mesma.
•
Ter voz e voto na Asamblea Xeral.
•
Presenta-la súa propia candidatura á Xunta
Directiva da Asociación (só nos socios ordinarios e fundadores).
Artigo 11
Son
deberes dos Socios:
•
Participar na Asamblea Xeral e nas actividades de
aqueles órganos dos que forman parte (Art. 11 e seguintes).
•
Colaborar na realización do fin da Asociación e
observa-los Estatutos da mesma (Art. 2 e 3).
•
Contribuir ó sostemento da Asociación có abono
das cuotas acordadas pola Asamblea Xeral (Art.24).
Artigo 12
A ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA ten relación directa coa Universidade de
Vigo, polo que se considera que a Asociación deberá ter un mínimo dun 50 % de
membros da dita Comunidade Universitaria.
CAPÍTULO III: ÓRGANOS DE GOBERNO.
Artigo 13
A
Asociación gobernarase e administrarase por dous órganos: a Asamblea Xeral e a
Xunta Directiva.
Artigo 14
•
A Asamblea Xeral está constituida por tódolos
Socios, sendo o órgano supremo de gobierno da Asociación. Seus acordos deben
tomarse por maioría simple dos membros presentes ou representados con dereito a
voto (salvo nos casos nos que estes Estatutos indiquen o contrario).
•
Para que a Asamblea Xeral consideres válidamente
constituida deben estar presentes ou representados máis da metade dos seus
Socios, en primeira convocatoria, ou os presentes ou representados, en segunda convocatoria.
•
A Asamblea Xeral reunirase unha vez ó ano con
carácter ordinario; con carácter extraordinario sempre que o acorde a Xunta
Directiva ou o solicite o 20% dos Socios con dereito a voto. A preside o
Presidente da Xunta Directiva e o Secretario de ésta.
•
A Asamblea Xeral será convocada polo Presidente
da Xunta Directiva a través do Secretario, con
30 días de antelación, acompañándose a Orde do Día; entre a primeira e a
segunda convocatoria haberá un prazo máximo dunha hora. A inclusión de puntos
adicionais na Orde do Día a proposta dos socios aceptarase tra-la solicitude
mediante escrito motivado dirixido ó Presidente, con 7 días de antelación á
data da Asamblea, firmados polo menos polo cinco por cento dos socios.
Artigo 15
Son
competencia da Asamblea Xeral Ordinaria:
•
Elexir e
renova-la Xunta Directiva.
•
Aproba-la
xestión da Xunta Directiva e o presuposto do ano seguinte.
•
Fixa-la
cuota anual de Socios.
•
Reforma-los Estatutos e aproba-lo reglamento
de réxime interno.
•
Solicita-la declaración de Utilidade Pública.
•
Acorda-la
admisión de Socios de Honor (Art. 6,4).
•
Ratificar
ou rexeita-los novos socios propostos (Art. 7).
•
Nomea-las
comisións, comités, grupos de traballo e responsables das reunións científicas
ou congresos que organice a Asociación.
•
Nomea-lo
editor ou editores e o consello de redacción das publicacións que edite a
Asociación.
•
Resolver
cantos asuntos son da súa competencia según os Estatutos ou propostos pola Xunta
Directiva, dacuerdo coa fin da Asociación.
Artigo 16
A
Asistencia á Asamblea Xeral será persoal ou por representación, bastando para
acreditar ésta un certificado firmado polo Socio, ó que acompañará o número do
D.N.I. ou pasaporte. A representación poderase facer unicamente respecto dos
puntos fixados na Orde do Día. Esta representación a levará outro socio e
ninguén poderá leva-la representación de máis de dous socios ausentes.
Artigo 17
•
A Xunta
Directiva é o órgano executivo da Asociación.
•
Estará constituida
por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro, un editor e ata un máximo de doce Vogais ós que
a Xunta designará funcións específicas no seu caso.
•
Tomará
as súas decisións por maioría simple de votos dos membros presentes, e
en caso de empate decidirá o voto do
Presidente.
•
Para que
poidan chegar a acordos de carácter executivo deberán estar presentes polo
menos a metade dos membros.
•
A Xunta
Directiva reunirase con carácter ordinario polo menos semestralmente.
Artigo 18
Corresponde
á Xunta Directiva:
•
Velar polo
cumplimento de cantos acordos se adopten na Asamblea Xeral.
•
Ter as
atribucións que sexan necesarias para o funcionamiento e consecución dos fins
da Asociación, salvo aqueles que específicamente corresponden á Asamblea Xeral.
Artigo 19
•
As competencias dos cargos de Presidente,
Vicepresidente, Secretario e Tesoureiro serán as propias dos cargos desta
denominación. O Presidente da Xunta Directiva ostenta a representación desta en
tódalas actuacións e relacións xurídicas da mesma.
•
Tódolos cargos da Xunta Directiva tendrán unha
duración dun ano. Cada ano poderase renova-la xunta, podendo ser reelexidos
indefinidamente.
•
As vacantes que se produzan na Xunta Directiva
sen esgota-lo período reglamentario serán cubertas con elementos da mesma ata a
renovación reglamentaria.
Artigo 20
Os
candidatos á Xunta Directiva deberán ser socios fundadores ou ordinarios da
Asociación e as candidaturas presentaranse á Xunta Directiva polos propios
candidatos ou polo menos cinco socios. A Xunta Directiva preparará a lista dos
candidatos para os cargos que haxa que renovar. A elección dos cargos farase na
Asamblea Xeral, previa exposición e debate polos candidatos do programa de
goberno.
Artigo 21
•
A Xunta
Directiva gobernará e será competente en tódolos asuntos da Asociación que non
estén reservados por estos Estatutos ou que non sexan sometidos á Asamblea
Xeral pola mesma Xunta Directiva.
•
O
Secretario e o Tesoureiro presentarán á Asamblea Xeral respectivamente unha
Memoria Anual das actividades da Asociación e un informe económico que conteña
a conta de resultados e o orzamento para o ano seguinte.
•
Os acordos
da Asamblea Xeral e das reunións da Xunta Directiva reflexaranse en Libros de
Actas diferentes, custodiados polo
Secretario.
Artigo 22
As causas
do cese dos órganos de goberno son:
•
As
vacantes da Xunta Directiva superen o 40% dos cargos. Estas vacantes poderán
deberse a: falecemento, cese ou renuncia.
•
A votación dun 75% dos socios a favor da
destitución da Xunta Directiva perante petición de Asamblea Extraordinaria
correctamente solicitada.
Artigo 23
As
modificacións dos Estatutos só poderán aprobarse polos socios en Asamblea Xeral
Extraordinaria convocada expresamente para ese fin. Para el é necesaria unha
proposta da Xunta Directiva ou unha proposta firmada polo 20% dos socios como
mínimo e remitida ó Presidente. Este a incluirá na Orde do Día, e para a súa
aprobación requerirase a presencia ou
representación de polo menos un 50% dos socios, na primeira convocatoria, ou os
socios presentes ou representados na segunda convocatoria, e o voto favorable
dos dous tercios dos socios con dereito a voto presentes ou representados.
CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 24
A
ASOCIACIÓN PALEONTOLÓXICA GALEGA (A.P.G.) carece de patrimonio fundacional.
Artigo 25
•
Os
recursos financieiros previstos para o funcionamiento da Asociación son as
cuotas dos Socios, así como as subvencións e donacións que perciba de personas,
centros de traballo, Asociacións, entidades e organismos públicos e privados.
•
Tamén de
ingresos que obteña en virtude das súas propias actividades, como beneficio de
publicacións, ou tasas e matrículas de cursos, coloquios, seminarios, etc.
•
A
Asociación poderá facerse cargo de cantas donacións bibliográficas ou
coleccións de fósiles quieran face-los seus Socios e outras entidades, así como
manuscritos, cartas ou otros documentos non publicados, pasando a incrementa-lo
patrimonio da Asociación.
•
Outros
donativos que por varios conceptos poidan recibirse de personas ou entidades de
boa procedencia e fosen dignas de recibo chegando á Asociación para incremento
do seu patrimonio.
•
Os fondos
obtidos serán utilizados para cubri-los gastos da Asociación dacordo co presuposto anual elaborado polo Tesoureiro
e aprobado pola Asamblea Xeral. O ano económico da Asociación comenza o 15 de
setiembro e finalizará o 14 de setembro.
•
Para o
cumprimiento dos seus fins, os recursos financieros obtidos pola Asociación
ingresaránse en contas abertas a tal efecto polo Presidente, Vicepresidente,
Tesoureiro, quenes serán as únicas personas autorizadas polos Órganos de
Goberno da Asociación para ser signatarias das transaccións e desembolsos que a
Asociación realice, que xustificarán debidamente para a súa inclusión polo
Tesoureiro nas contas de resultados e presupostos. A regulación bancaria dos
fondos da Asociación establecerase de forma que asegura o que, en caso de cese
ou falecimiento das personas signatarias autorizadas, os fondos revirtan
automáticamente na Asociación.
Artigo 26
O límite
de presupuesto ordinario anual fíxase en cincuenta mil euros (50.000€).
Artigo 27
•
A cota anual é fixada pola Asamblea Xeral.
•
Socios de
Honor non cotizan á Asociación.
CAPÍTULO V: DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 28
•
A
disolución da Asociación deberá ser acordada en Asamblea Xeral Extraordinaria e
a súa aprobación requerirá o voto favorable das tres cuartas partes dos Socios
con dereito a voto presentes ou representados.
•
Acordada a
disolución da Asociación, o patrimonio acumulado dedicarase íntegramente a fins
docentes ou de investigación, según resolva a Asamblea Xeral, e previo saldo das deudas da
Asociación.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Disposición
1ª: A vixencia de estes Estatutos comeza ó
día seguinte da súa Inscripción no Rexistro.
Disposición
2ª: A todo canto non esté previsto nos
presentes Estatutos aplicaráselle a vixente Ley de Orgánica 1/2002, de 22 de
marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e disposicións complementarias.
DILIXENCIA: Rexistro de
modificacións
A día 12 de Setembro de 2013
aprobouse en Asamblea Extraordinaria a ADICIÓN do seguinte artigo
(ARTIGO 5) no CAPÍTULO I:
Como Asociación domiciliada na Universidade de Vigo, o seu ámbito de acción
tamén estará especialmente dirixido ós membros da Comunidade Universitaria
viguesa, e realizaranse con eles diferentes actividades: exposicións, talleres,
seminarios e outras coa súa colaboración, podendo realizarse nas súas
instalacións.
A día 12 de Setembro de 2013
aprobouse en Asamblea Extraordinaria a ADICIÓN do seguinte artigo
(ARTIGO 12) no CAPÍTULO II:
A Asociación Paleontolóxica Galega ten relación directa coa Universidade de
Vigo, polo que se considera que a Asociación deberá ter un mínimo dun 50 % de
membros da dita Comunidade Universitaria.
0 comentarios:
Publicar un comentario